Un "antisistema" queima un colector na rúa Cruz Vermella
Por Oskar Viéitez
"Porque non me gusta o sistema". Esa é a resposta de deu un mozo á Policía Local cando os axentes preguntáronlle por que acababa de prender lume a un colector amarelo.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local o suceso tivo lugar sobre as 2:30 horas da madrugada do domingo.
Unha veciña de rúa Cruz Vermella alertou aos axentes municipais de que un home novo acababa de incendiar co seu chisqueiro o colector de plásticos e envases.
Os policías sufocaron as lapas cun extintor mentres o incendiario permanecía nas proximidades contemplando toda a actuación. Foi a veciña alertante quen informou aos axentes da súa presenza.
Mentres os bombeiros completaban os traballos de extinción os policías achegáronse ao incendiario. Un home duns 33 anos que ao ser preguntado polos motivos do seu acto vandálico limitouse a dar a xa mencionada resposta: "Porque non me gusta o sistema", sen máis.
O home foi detido e trasladado ata as dependencias policiais. O colector quedou completamente inservible. O seu valor é de 1.200 euros.