O helicóptero "Pesca 1" rescata dous tripulantes tras envorcar a súa embarcación en Caneliñas
Por Redacción
O helicóptero "Pesca 1" do Servizo de Gardacostas de Galicia rescatou con vida os dous tripulantes dunha embarcación de vela que envorcou este sábado nas proximidades da praia de Caneliñas en Sanxenxo.
Ademais dos medios da Xunta no operativo de rescate mobilizáronse a embarcación Salvamar Sargadelos, unha patrulleira da Garda Civil e Protección Civil. Axentes do Instituto Armado reforzaron o despregamento desde terra.
Salvamento Marítimo recibiu a chamada de alerta ao redor das 13.20 deste mediodía.
Salvamento Marítimo informou que os dous tripulantes estaban subidos á quilla do barco envorcado. Foron trasladaron ao hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo cun principio de hipotermia.
O veleiro, duns 4 metros de eslora, foi remolcado a terra por dúas lanchas neumáticas do Club Náutico de Sanxenxo. Segundo informou o Concello de Sanxenxo o veleiro participaba nunha regata que saía hoxe do porto marinense de Aguete.