Pasa a mellor vida o cemiterio parroquial de Santo Tomé de Piñeiro Vello
Por Oskar Viéitez
O goberno local de Marín levará ao pleno municipal convocado para o mércores 11 a proposta de clausurar o cemiterio parroquial de San Tomé de Piñeiro Vello, que se atopa en situación de ruína.
Hai pouco máis dun ano, a petición da asociación de veciños, o Concello de Marín iniciou o procedemento para a clausura do cemiterio antiguo de Santomé, seguindo o decreto de sanidade mortuoria de Galicia, unha vez declarada a suspensión de enterramentos.
Xa no ano 2000, a Consellería de Sanidade resolvera a súa clausura temporal, despois de que os técnicos oficiais de Saúde Pública, comprobaran o estado de ruína e malas condicións sanitarias do mesmo.
Ademais consta no expediente certificación de febrero de 2017 do párroco de Santo Tomé de Piñeiro, donde se indica que en maio do 2000 se enterrou a última persoa en dito cemiterio, segundo consta no libro de difuntos do archivo parroquial da parroquia.
Polo tanto despois das correspondentes publicacións e información pública e non haber alegacións, e co informe da Consellería de Sanidade, dispoñendo que reúne os requisitos do decreto de sanidade mortuoria de Galicia, se propón proceder á clausura definitiva do cemiterio parroquial de Santo Tomé de Piñerio, o quedar acreditado o transcurso de 10 anos dende a última inhumación.