"Queremos ser cidadáns de pleno dereito. Os prexuízos non nos deixan avanzar"
Por Alejandro Espiño
Preto dun milleiro de persoas compoñen a comunidade xitana en Pontevedra, unha cidade na que, segundo aseguran, seguen existindo moitos prexuízos cara a eles. Por iso, coincidindo co Día Internacional do Pobo Xitano -que se conmemora o vindeiro domingo día 8- fixeron un chamamento: "queremos ser ciudadanos como los demás".
Por segundo ano, a bandeira do pobo xitano ondea na antiga casa consistorial da Praza de España un xesto que, para eles, "nos llena de alegría", segundo a portavoz da Fundación Secretariado Xitano en Pontevedra, Rebeca Flórez. "Nos hace sentir ciudadanos de pleno derecho y más pontevedreses que nunca", explicou.
Esta iniciativa supuxo, segundo Flórez, "un antes y un después" para eles. Tanto que a fundación marcouse o obxectivo de converter a Pontevedra nunha cidade na que "partir de cero". Así se chama a campaña que lanzaron para combater os prexuízos sociais que viven os xitanos con medidas resumidas nun decálogo.
Unha "ciudad cero" é aquela onde "nadie parte con desventaja" porque todo o mundo ten as mesmas oportunidades, sen importar a súa etnia, xénero, orientación sexual, nacionalidade ou relixión. E é que, para os xitanos, en materia de educación, acceso á vivenda ou emprego "sigue habiendo prejuicios que no nos dejan avanzar".
A esta campaña súmanse proxectos como Aprender traballando, unha iniciativa de inserción laboral para mozas en risco de exclusión. Nela participan vinte persoas de etnia xitana, de entre 18 e 30 anos. Todos reciben unha formación teórica específica e, posteriormente, realizan prácticas en diferentes empresas. No caso de Pontevedra, en Eroski e Carrefour.
"Están todos muy ilusionados", explicou a titora deste programa, que relatou que as empresas están "muy contentas" co rendemento duns mozos aos que aínda lles quedan catro meses de prácticas. "Acabarán en una época muy buena, en verano, para que puedan insertarse en el mercado laboral", dixo.
Francisco Díaz é un dos beneficiarios deste programa. Na súa visita ao Concello de Pontevedra agradeceu a "oportunidad" que se lle brindou para acceder a un posto de traballo "y espero sacar algo de provecho". Entende que a sociedade "ha avanzado un poco" e cre que este tipo de iniciativas axudará a que "no se nos discrimine".
Relacionadas:
-
Un día para reivindicar a igualdade do pobo xitano: "a sociedade tiña que facer un cambio de chip"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Fundación Secretariado Xitano clausura en Pontevedra unha iniciativa de formación e emprego
Por Redacción |
-
A bandeira xitana ondea por primeira vez en Pontevedra: "Es un día histórico para nosotros"
Por Alejandro Espiño |