Adxudican por 422.909 euros a mellora da estrada entre a N-550 e Perdecanai, en Barro
Por Redacción
A empresa Nexia será a responsable de executar as obras de pavimentación e dotación de servizos na estrada provincial EP-0505 entre a N-550 e a igrexa de Perdecanai, no municipio de Barro.
Así o informou a Deputación Provincial de Pontevedra. A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación das obras por un importe de 422.909,91 euros.
Segundo informou o deputado de Mobilidade, Uxío Benitez, a proposta de Nexia foi a mellor valorada nos informes do persoal técnico provincial entre as dez ofertas que se presentaran, tanto polo seu programa de traballo como pola oferta económica.
Agora, unha vez está aprobada definitivamente a adxudicación, asinarase o contrato nas vindeiras semanas e a empresa deberá presentar a acta de replantexamento das obras, polo que o máis probable é que, se non xorden complicacións administrativas ou climatolóxicas, as obras poidan empezar de inmediato, nesta mesma primavera.
A mellora da estrada provincial EP-0505 ten como obxectivo renovar a capa de rodaxe de xeito integral, crear un espazo de tránsito peonil, instalar novo saneamento e tamén dispositivos de calmado de tráfico. Haberá catro pasos de peóns sobreelevados, nova sinalización horizontal e vertical e crearase un espazo e de bicicletas polo que poderán camiñar con seguridade os veciños e veciñas da zona.
Unha vez rematen os traballos -o prazo de execución é de seis meses- a vía será transferida ao Concello. Esta obra realizarase grazas ao convenio asinado entre a Deputación e o Concello, no que se estableceu que o financiamento será ao 70%-30%.
Relacionadas:
-
A estrada provincial entre a N-550 e a igrexa de Perdecanai xa é vía 30
Por Redacción |
-
As obras da estrada de Perdecanai finalizarán a primeiros do verán
Por Redacción |
-
Cen mil euros do Plan Concellos para Barro
Por Redacción |
-
Dez empresas, interesadas en executar o proxecto para a estrada provincial entre a N-550 e Perdecanai en Barro
Por Redacción |