Unha pedra aterra nunha terraza de Sanxenxo
Por Redacción
Unha das lousas que cobre a fachada dun edificio de Sanxenxo desprendeuse este xoves e xerou un gran susto, pois foi a parar á terraza dun bar situado nos baixos. Non houbo que lamentar danos persoais, pero si materiais no establecemento.
Dotacións da Policía Local e Emerxencias de Sanxenxo desprazáronse ata a zona, na rúa Augusto González Besada, e procederon a asegurar a fachada na que se produciu o desprendemento e acordoar a contorna.
A lousa desprendeuse, rompeu o toldo que cobre a terraza e caeu sobre unha mesa instalada na mesma, na coñecido como Praza dos Barcos.
O desprendemento produciuse na tarde deste xoves e non houbo feridos.