Piden que se extreme a precaución ante a aparición de carabelas portuguesas en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo e o Servizo Municipal de Emerxencias alertaron da aparición de carabelas portuguesas en varias praias do municipio.
Trátase de exemplares que son moi velenosos polo que pediron que se extremen as precaucións e non se toquen os exemplares, incluidos os que xa están mortos, xa que pode provocar picaduras moi dolorosas e mesmo graves lesións en determinadas circunstancias.
Efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Sanxenxo procedeu a retirar todos os exemplares de carabela portuguesa que se detectaron.
A presenza desta especie, similar á medusa e moi tóxica, non é habitual nestas augas, sendo propia das rexións tropicais e subtropicais dos océanos Pacífico e Índico, así como tamén en mar aberto en todas as augas cálidas do planeta.