A Deputación xa ten listo o proxecto da nova glorieta da Brea
Por Redacción
Regular o tráfico da intersección entre as estradas provinciais Marín-Penizas e Seixo-Santo Tomé. É o obxectivo da glorieta que construirá a Deputación de Pontevedra no lugar da Brea.
O proxecto, que se aprobará este venres no pleno da Deputación, pretende aumentar a seguridade viaria na confluencia de dúas estradas provinciais, nunha zona de conexión coa variante de Marín na que se une o tráfico que vai tanto ao núcleo de Marín e á zona de Seixo, como ás praias do concello, e que se incrementa na temporada estival de xeito importante.
A proposta de actuación chega despois dunha solicitude do Concello e do estudo por parte dos técnicos provinciais do problema de seguridade viaria na zona.
Inicialmente o deseño da glorieta era máis amplo, tal e como solicitara o goberno local, quen intentou modificar o seu PXOM para encaixar a construción.
Finalmente, tras un ano de estudos, e dadas as complicacións burocráticas que isto supoñía, o concello decidiu desistir da modificación do plan e solicitou ao departamento de Mobilidade unha modificación do proxecto para adaptalo ao ordenamento vixente.
Isto supón, na práctica, unha redución das dimensións da glorieta e un lixeiro desprazamento que apenas afecta no número de metros cadrados dos terreos que se expropian.
Coa aprobación no pleno, na que se ratificará a declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados e se resolverán as alegacións presentadas, dáse vía libre para a licitación do proxecto.
Así, o departamento de Contratación provincial publicará o correspondente expediente para recepción de ofertas, o seu análise por parte dos técnicos e a súa adxudicación.
Relacionadas:
-
A glorieta da Brea comezará a construírse despois de Reis
Por Redacción |
-
A Deputación construirá unha nova senda peonil na baixada á praia de Aguete en Marín
Por Redacción |
-
Marín xa ten cartos para reformar a Barriada de San Pedro
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno provincial ri dun erro de WhatsApp do Partido Popular
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP de Marín suma catro estradas á petición de arranxo de Marea no viario A Brea-Castro
Por Redacción |
-
Reclaman a mellora da seguridade vial na estrada A Brea - Castro
Por Oskar Viéitez |