Formación para previr e detectar o acoso escolar
Por Redacción
A aula UNED de Portas acollerá do 24 de abril ao 8 de maio un curso centrado na detección e prevención do acoso escolar.
Para abordar esta temática desde diferentes puntos de vista- criminológico, psicolóxico e xurídico-, o seminario contará coa participación de tres expertos na materia. Ana do Val Couto, licenciada en Dereito e Criminología e especialista en criminalística; María Filomena Garrido Blanco, licenciada en Psicoloxía e Dereito; e Francisco Javier Quiroga Paredes, xefe do grupo de Delitos contra as persoas da Garda Civil de Pontevedra.
O obxectivo desta aproximación integral é que o asistente coñeza mellor as circunstancias do acoso escolar, aprendendo a previlo e detectalo.
Dirixido a estudantes de psicoloxía, dereito, criminología, maxisterio, educación social, traballo social, socioloxía, antropoloxía, membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado e calquera outra persoa interesada na temática, a actividade será homologada pola Academia Galega de Seguridade Pública.