Detido por un incendio forestal imprudente que afectou a 1.100 metros cadrados en Vilagarcía
Por Redacción
Un veciño de Vilagarcía foi detido nos últimos días como presunto autor dun incendio forestal imprudente que afectou a 1.100 metros cadrados de terreo na parroquia de Cea.
Segundo informou a Xunta de Galicia, a detención realizárona axentes da Xefatura Provincial de Pontevedra da Policía Autonómica e por estes feitos tramítanse dilixencias no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Vilagarcía de Arousa.
O incendio forestal imprudente que se lle atribúe estivo motivado por un escape de queima ao non tomar as medidas preventivas básicas necesarias para a realización da mesma.
O lume tivo no lugar de Cea, na parroquia de San Pedro de Cea de Vilagarcía e afectou a una superficie de 700 metros cadrados de superficie arborada e 400 metros cadrados de superficie rasa.
A Policía Autonómica detivo nos últimos días a doce persoas coma presuntos autores de incendios forestais en Galicia. Na provincia de Pontevedra os arrestos foron o citado de Vilagarcía e outros dous en Arbo e Ponteareas. Na Coruña houbo lumes en Val do Dubra, Boimorto, Boqueixón, O Pino, Rois, Brión e Vimianzo e en Ourense localizáronse na propia capital e en Viana do Bolo. Un deles ingresou en prisión. por dous incendios forestais no concello de Rois dos que recoñeceu a súa autoría.