Unha multitudinaria procesión do Encontro pon punto e final á Semana Santa pontevedresa
Por Redacción & Diego Torrado
O mal tempo que obrigou a suspender as procesións de Xoves e Venres Santo deu unha tregua este Domingo de Pascua para permitir, na tarde-noite, o acto relixioso que pon punto e final á Semana Santa pontevedresa, a Procesión do Encontro entre Jesús, unha vez resucitado, e a Virxe María, que representa na praza da Ferrería ante os fieis pontevedreses un dos momentos máis emotivos dos actos da Semana Santa.
Os pasos saíron simultaneamente das parroquias de San José, San Bartolomé e Santa María para atoparse na Ferrería. A imaxe da nosa Señora do Amor Fermoso, acompañada da súa confraría, saíu da parroquia de San José. A Imaxe da Sacra Resurrección, acompañada da Confraría do Corpo Santo e representantes das demais confrarías, saíu da basílica de Santa María. Ao mesmo tempo saíu a imaxe de Jesús Resucitado, acompañada da confraría da Vera-Cruz e Misericordia, desde San Bartolomé.
Miles de fieis congregáronse ao longo de todo o percorrido e confluíron no momento do Encontro nun multitudinario acto na Ferrería. O Encontro entre Cristo e a Virxe selouse cun sermón e a retirada do manto de loito á nai de Jesús e, ao finalizar, todos os pasos uníronse nunha única procesión e retiraron cara á parroquia de San José.
Relacionadas:
-
O mal tempo obriga a suspender a procesión do Santo Enterro
Por Redacción |
-
Suspenden a procesión de Xoves Santo ante a alerta de temporal
Por Anxo Lourido |
-
O ceo concede unha tregua e permite a saída da procesión da confraría do Mayor Dolor
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Centos de devotos asisten á procesión do Nazareno e a Esperanza
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Nova imaxe na procesión do Luns Santo para a mesma devoción da Vera Cruz
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A previsión de chuvia pon en perigo as procesións de Semana Santa
Por Gabriela Varela Asorey |
-
Ramos, sol e burriña: comeza a Semana Santa
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |