Remata no hospital tras saírse da vía o coche no que ía de acompañante en Cuntis
Por Redacción
Un home tivo que ser trasladado por unha ambulancia do 061 ao Punto de Atención Continuidade (PAC) de Caldas de Reis e, de aí, derivado ao Hospital Montecelo de Pontevedra tras sufrir un accidente en Cuntis.
O sinistro produciuse arredor das 16.00 horas deste sábado na estrada que une os lugares de Xirei (parroquia de Estacas) e O Noval (parroquia de Cuntis).
Segundo indicou a agrupación de Protección Civil de Cuntis, por motivos que se descoñecen, un turismo Renault Clio no que circulaban dúas persoas saíuse da vía e sufriu un forte impacto.
O condutor non sufriu, nun primeiro momento, danos visibles, pero si o acompañamte, que requiriu asistencia sanitaria e, máis tarde, hospitalaria.