Remodeladas as beirarrúas próximas á Alameda de Augasantas
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade conta cun novo paseo, que se executou durante as últimas catro semanas, na parroquia de Augasantas. Trátase dunha obra que serviu para remodelar as beirarrúas situadas no lateral anexo á Alameda.
A Consellería de Infraestruturas investiu máis de 15.000 euros nestes traballos, despois de que o presidente municipal Jorge Cubela solicitarllo á conselleira Ethel Vázquez a finais de xaneiro. A Xunta é a titular da estrada PO-233 pola que se estende este paseo peonil.
Renováronse as plaquetas das beirarrúas, que en moitos casos atopábanse deterioradas, por outras lousas de pedra granítica. A intervención fora demandada pola veciñanza desta contorna.