Suspenden a procesión de Xoves Santo ante a alerta de temporal
Por Anxo Lourido
A alerta de temporal e a irrupción de precipitacións durante a tarde deste xoves levou á Coordinadora dos actos da Semana Santa de Pontevedra a suspender a procesión dos Pasos prevista para as 20.00 horas desta tarde no centro histórico.
Ramón Peón, responsable da organización, indicaba que a presenza de numerosas imaxes nesta tradicional procesión non lles permite arriscarse a que sufran algún dano ante a previsión de choiva. "Non temos un marco de catro ou cinco horas para montar e desmontar", sinalaba Peón lamentando que se teña que cancelar un dos actos relixiosos máis vistosos da Semana Santa en Pontevedra, despois de ter mantido un encontro cos responsables de todas as confrarías.
Nesta procesión, que conta cunha decena de pasos, estaba previsto que participasen as confrarías do Mayor Dolor; da Nuestra Señora del Amor Hermoso, do Silencio; do Corpo Santo; do Espíritu Santo; de Nuestro Padre Jesús con la Cruz a cuestas e coa da Vera-Cruz e Misericordia.
Relacionadas:
-
Unha multitudinaria procesión do Encontro pon punto e final á Semana Santa pontevedresa
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O mal tempo obriga a suspender a procesión do Santo Enterro
Por Redacción |
-
O ceo concede unha tregua e permite a saída da procesión da confraría do Mayor Dolor
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Centos de devotos asisten á procesión do Nazareno e a Esperanza
Por Mónica Patxot & Redacción |