Buques con alta capacidade de carga comezan a atracar no Porto de Marín
Por Redacción
O Porto de Marín segue incrementando a súa actividade e as súas posibilidades de tráfico de mercadorías. Este xoves o portacontedores Polar Costa Rica atracaba na terminal de contedores, procedente de Sudamérica. Trátase da primeira escala pertencente á liña regular de Hamburg Süd, que cada semana descarga froita do continente americano con destino á terminal de froita de Davila Reefer Terminal, entre outros produtos.
Segundo informan desde a Autoridade Portuaria, trátase do primeiro buque de case 4.000 Teus de capacidade que chega ao porto. Pásase así de operacións en portacontedores de 2.500 Teus, con 12 colectores de manga a embarcacións con 15 colectores de manga. A Polar Costa Rica é un barco de 230 metros de eslora e unha manga superior aos 37 metros. Con estas entradas refórzase o servizo Eurpa Mexican Caribean Service de Hamburg Süd, que cada semana chega a Marín como primeiro porto de escala en Europa.
O servizo portuario dispón actualmente de todas as infraestruturas necesarias para acoller grandes buques. Conta con remolcadores de última xeración como o recentemente botado A. Alonso, unha embarcación de 30 metros de eslora, con máis de 75 toneladas de tiro sostido e de gran potencia.
Por outra banda, as instalacións portuarias seguen crecendo coa ampliación do Posto de Inspección Fronteirizo (PIF). Desta forma está previsto que se dispoña de 10 peiraos de carga e aumentarase a capacidade de tráfico de mercadorías ante o continuo crecemento da actividade. Segundo expoñen desde a Autoridade Portuaria, un dos aspectos que máis valoran os clientes é a axilidade operativa que se desenvolve no porto.
Relacionadas:
-
O Porto de Marín inicia unha nova campaña de descarga de pesca conxelada
Por Redacción |
-
Suárez Costa da conta ao Consello da Autoridade Portuaria das principais xestións realizadas
Por Redacción |
-
A terminal de colectores de Marín culmina unha intensa semana con operativa diaria nos peiraos Reboredo
Por Redacción |
-
Ano récord no porto: movidas máis de 2,5 millóns de toneladas de mercadoría
Por Redacción |