Unha muller, intoxicada por inhalación de gases en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Os servizos sanitarios de urxencia interviñan na mañá deste xoves no lugar da Chan, no Concello de Cerdedo-Cotobade, para trasladar a unha muller que sufría unha intoxicación. Segundo os primeiros indicios, un quentador de auga situada na vivenda sufriu unha fuga de gas que provocou a intoxicación da vítima.
Ata a vivenda desprazábase un equipo das 061-Urxencias Sanitarias para atender á muller con síntomas que, desde o primeiro momento, facían sospeitar que padecía unha intoxicación por inhalación de monóxido de carbono. O detector da ambulancia ao chegar ao lugar activouse ao rexistrar a presenza do gas.
Desde o Servizo de Emerxencias 112 Galicia avisábase aos efectivos do Servizo de Prevención, extinción de incendios e salvamento de Ribadumia. Unha vez na vivenda sinalaron que era necesario que os técnicos da empresa subministradora do gas revisase a instalación para emendar a posible avaría no quentador de auga.