Cambados súmase a romper barreiras no Día Mundial do Autismo
Por Redacción
Este luns 2 de abril celébrase o día de conciencia do autismo. Por este motivo, Cambados realizará unha serie de actividades para sensibilizar á sociedade sobre este trastorno.
A alcaldesa Fátima Abal fai un chamamento para que todas aquelas persoas que poidan asistir se acheguen ao edificio do Concello ao redor das 12.00 horas. Está prevista a lectura dun manifesto solidario e tamén levará a cabo un photocall no que os asistentes romperán carteis nos que se le "Rompamos xuntos as barreiras", lema da campaña do Día Mundial do Autismo deste ano.
Ademais, o Concello será iluminado con luces azuis, a cor que simboliza o apoio ao autismo. O obxectivo desta campaña é que a sociedade sexa máis accesible para as persoas con TEA, que cada día teñen que enfrontarse a numerosas barreiras para ser aceptados por toda a comunidade.