Cidadáns pedirá ao Concello que esixa á Xunta a mellora do centro de maiores de Campolongo
Por Redacción
Cidadáns Pontevedra presentará unha moción para levar ao pleno o debate sobre a situación do centro de maiores de Campolongo e esixir á Xunta unha resposta ás melloras expostas polo comité de empresa de Política Social de Pontevedra neste complexo para unha adecuada calidade asistencial acorde cunhas instalacións de carácter público.
A concelleira María Rey, que exporá na próxima Comisión de Benestar Social do Concello ao resto dos grupos municipais un consenso para sumarse a esta moción, mantivo este mércores unha reunión con representantes do citado comité, que lle trasladaron as necesidades actuais do centro.
Os traballadores lembraron que este centro inaugurouse no ano 1993 para persoas non dependentes, pero que desde o 2008 atende a persoas asistidas, sen que reúna, como destacou o comité, a infraestrutura de medios e de persoal acorde para a asistencia a estes maiores.
A maiores, esta moción incluirá tamén a reclamación da mellora do espazo exterior do centro, unha obra que correspondería ao Concello, con novos bancos e beirarrúas e a reordenación da zona de estacionamento de vehículos.
Relacionadas:
-
O persoal da residencia de maiores de Campolongo volve protestar ante o abandono por parte da Xunta
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Persoal do centro de maiores de Campolongo recollerá sinaturas ante a situación de precariedade do servizo
Por Paula Sanmartín & Anxo Lourido |
-
Lores ve "razoables" as demandas dos traballadores da residencia de Campolongo
Por Redacción & Paula Sanmartín |
-
En Marea leva ao Parlamento a necesidade de medidas urxentes na residencia de maiores de Campolongo
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Parlamento as demandas do comité de empresa da residencia de Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian deficiencias e falta de persoal no Centro de Maiores de Campolongo
Por Redacción |
-
UXT denuncia o despedimento de dúas limpadoras para contratar a persoas con discapacidade "para recibir bonificacións"
Por Gabriela Varela Asorey & Oskar Viéitez |