O Concello de Pontevedra destina 17.000 euros para a Semana Galega da Filosofía
Por David Arana & Mónica Patxot
A edición número 35 da Semana Galega da Filosofía chega ao Teatro Principal de Pontevedra durante o próximo mes de abril, e este ano ten como tema central a filosofía e o común. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores reuniuse coa directora da Aula Castelao de Filosofía, Ana Regueira, para asinar o convenio pola celebración deste evento, para o que o Concello destinará un orzamento total de 17.000 euros.
Ao longo dos cinco días que compoñen o congreso terán lugar relatorios realizados por numerosas personalidades de diferentes ámbitos sociolóxicos. Silvia Federici, da Universidade Hofstra de Nova York, será a encargada de dar inicio á Semana coa charla titulada 'Mulleres e a reconstrución do común'. A organización conta con superar o número de asistentes da edición pasada, que excedeu os 700 matriculados, segundo comentaba Regueira. Tamén destacan as conferencias de María Eugenia Rodríguez Palop, César Rendueles Menéndez Llano e Juan Manuel Sánchez Gordillo, que dará a lección de clausura desta edición.
A Semana Galega da Filosofía terá lugar entre o 2 e o 6 de abril, con tres conferencias cada día distribuídas en horarios de 10:30 a 13:30h, de 17:30 a 19:30h e de 20:00 a 22:00h.
Relacionadas:
-
A Semana Galega de Filosofía, disposta a recuperar "saúde moral e comunidade"
-
A feminista Silvia Federici abre a Semana Galega da Filosofía
Por Redacción |
-
Sánchez Gordillo, o polémico alcalde de Marinaleda, clausurará a Semana Galega de Filosofía
Por Alejandra Iannone |
-
A Semana Galega de Filosofía reflexionará en Pontevedra sobre "o común"
Por Gabriela Varela Asorey & Oskar Viéitez |