Nova imaxe na procesión do Luns Santo para a mesma devoción da Vera Cruz
Por Diego Torrado & Redacción
O peche do convento de Santa Clara tivo tamén consecuencias para o desenvolvemento dos actos procesionais da Semana Santa en Pontevedra. O traslado a Santiago da imaxe do Nazareno, que era empregada desde 2014 na recuperada procesión do Luns Santo, obrigou á organización a utilizar outra talla.
Nesta ocasión, a confraría da Vera Cruz utilizou para a procesión do Cristo das Caídas outra figura que era empregada tradicionalmente no desfile do Xoves Santo na que Cristo aparece portando a cruz sobre o seu ombreiro esquerdo cunha túnica lila e unha coroa de espiñas.
Máis de trinta costaleiros portaron este paso e decenas de persoas participaron nesta comitiva polo centro histórico, que contou coa interpretación de motetes a cargo do Coro dos Ex-Cantores dos Institutos e do Coro Luís García Limeses.
MARTES SANTO
Ás 21.00 horas deste martes comezará a procesión de Jesús Nazareno e María Santísima da Esperanza na que é protagonista a confraría do noso Padre Jesús del Silencio, acompañada pola confraría del Mayor Dolor. Sairá de San Bartolomé para percorrer Sarmiento, rúa Princesa, a Praza do Teucro, Manuel Quiroga, Soportais, A Ferrería e Pasantería ata regresar á igrexa de San Bartolomé.
Relacionadas:
-
Unha multitudinaria procesión do Encontro pon punto e final á Semana Santa pontevedresa
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O ceo concede unha tregua e permite a saída da procesión da confraría do Mayor Dolor
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Centos de devotos asisten á procesión do Nazareno e a Esperanza
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A previsión de chuvia pon en perigo as procesións de Semana Santa
Por Gabriela Varela Asorey |
-
Ramos, sol e burriña: comeza a Semana Santa
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Pecha o convento de clausura de Santa Clara
Por Redacción | Creada e actualizada