Marín prepara os actos do aniversario da súa Liberación
Por Oskar Viéitez
O próximo 4 de abril, cúmprense 209 anos da Liberación de Marín, a xesta das "Alarmas do Morrazo", capitaneadas por Juan Gago de Mendoza.
Os actos comenzán ás 19:30 horas, cun acto de honra ante o monolito co izado de bandeiras, himno e a ofrenda da coroa de loureiro. Xa ás 20.00 horas, haberá un acto institucional no museo Manuel Torres, na que o presidente da entidade organizadora ADEMAR. Asociación para la Defensa de Marín, Manuel Alberto "Pipo" Torres Viqueira, entregará o Premio Liberación 2018, a título postumo, ós familiares de Julio Pazos Gómez.
Este premio entrégase en recoñecemento ós seus traballos para a difusión da historia e do patrimonio municipal.
Julio Pazos Gómez naceu en Marín o 16 de decembro de 1940. Era o menor de tres irmáns, Antonio e Mª Gloria, fillos do xuíz marinense Antonio Pazos Gómez e de Gloria Gómez Pola. Cursou os seus estudos no Colexio dos Pais Paúles e, tras realizar o Bacharelato en Pontevedra, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (Promoción 1962-1963). Exerceu a avogacía en Marín, ostentando a dirección da Biblioteca Pública, ata o ano 1984. Abandonou o exercicio privado da avogacía para prestar os seus servizos xurídicos no Concello de Marín ata a data do seu falecemento (14/11/1986).
Para moitos, Julio Pazos Gómez foi Cronista Oficial de Marín.