Barro renova o seu compromiso coa cultura local
Por Redacción
O Goberno Municipal de Barro ven de asinar convenios coas tres principais entidades culturais do municipio, co obxectivo de mellorar a promoción cultural e posibilitar a formación da xente máis nova en diversas actividades artísticas: canto coral, musical e baile tradicional.
Os convenios asináronse coa Coral Polifónica de Barro, por importe de 1.500 euros; co Grupo de Danzas Amor Ruibal, por importe de 2.500 euros e coa asociación Cultura e Xuventude de Barro, da que dependen a Banda Xuvenil de Barro e a Escola de Música, por importe de 8.200 euros.
Segundo informou o Goberno local, estes convenios van servir para que sigan realizando actuacións nos distintos eventos e actividades das parroquias e, ao mesmo tempo, continuar coa labor formativa, que permite que moitos nenos se acheguen ás especialidades artísticas de cada unha das entidades.
Nestas tres entidades participan mais de 200 veciños de Barro, e ao longo das últimas décadas foron moitos mais os que pasaron polas súas filas e ao mesmo tempo achegan a cultura a toda a xeografía do concello, levando tamén o nome de Barro por toda Galicia, ao resto do Estado, e a diversos países europeos.
O alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes transmitiulle o seu agradecemento pola labor social e cultural que desenvolven, e que permite ademáis de disfrutar das súas actuacións, haxa oportunidade de formarse nesas especialidades artísticas, formación que serviu para que hoxe en día moitas persoas de Barro se adiquen profesionalmente á música.