Irene Montero recolle as queixas laborais das mariscadoras
Por Diego Torrado & Redacción
Irene Montero, a portavoz do Grupo Confederal de Podemos, visitaba este sábado Pontevedra en compañía das deputadas de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz e *Ángela Rodríguez, ademais da deputada do Parlamento de Galicia, Carmen Santos. As representantes políticas mantiveron un encontro con delegadas do sector do mar e mariscadoras para coñecer as dificultades en materia laboral ás que se enfrontan.
A portavoz de Podemos indicou que o seu grupo parlamentario quere trasladar ao Congreso as preocupacións deste sector e manifestou que as mulleres "xa non estamos soas", sinalando que se van a apoiar para evitar a precariedade e a explotación. Neste sentido manifestou a súa intención de transformar as demandas en leis que resolvan os problemas dun convenio precario, como manifestaba unha das mariscadoras, Carmela Villaverde.
A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, manifestaba que se trata dun sector basicamente feminino, tanto na conserva como en produtos elaborados do mar. E recordo que, tras Tailandia, España é o segundo país de maior produción destes materiais. Con todo, apuntou que os beneficios non repercuten nas traballadoras.
Díaz indicou que é necesaria a innovación, o I+D+i para fomentar estes produtos e xerar valor engadido. Carmela Villaverde demandou a necesidade urxente de que se negocie un novo convenio e que este sector está reaccionado para mellorar as condicións laborais.
Entre outras demandas, reclaman complementos de incapacidade, o recoñecemento de enfermidades propias destes traballos como lumbalxias, danos nas cervicais ou conxelación nas extremidades.
As traballadores afirman que as xornadas laborais atópanse en oito horas pero con soldos que apenas superan os 800 euros.