O incendio dunha cociña en Monte Porreiro causa a intoxicación por fume de dúas persoas
Por Diego Torrado & Redacción
Ao redor das 15.00 horas deste sábado, varias sirenas soaban na contorna do río. Bombeiros, policía e ambulancias dirixíanse ata a rúa Luxemburgo da urbanización en Monte Porreiro. Nunha vivenda observábase a saída dunha importante cantidade de fume, segundo a información facilitada polo Parque de Bombeiros municipal.
Os bombeiros lograron acceder ao piso e localizaron o lume na cociña. As dúas persoas que se atopaban na vivenda inhalaran fume e os servizos de emerxencias decidiron trasladalos a un centro hospitalario para levar a cabo unha análise da súa situación.
O lume afectou principalmente á cociña e foi controlado polos bombeiros. A nai dun dos residentes na vivenda tamén tivo que ser atendida na rúa ao sufrir un desmaio, segundo testemuñas presenciais.
Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e da Nacional, unha ambulancia asistencial e outra medicalizada