Fomento e colectivos cidadáns traballarán conxuntamente para recuperar a senda de Pontesa
Por Oskar Viéitez
A Xefatura provincial de Estradas do Estado do Ministerio de Fomento comprometeuse a elaborar un estudo técnico para a execución dunha senda peonil e ciclista a curto prazo sobre un tramo duns 300 metros en Pontesa. Este treito, que discorre paralelo á Nacional 550, xa é da súa propiedade o que acelerará o proceso xa que non fai falta expropiación.
Pola súa banda, os colectivos que impulsan a creación dunha senda na zona de Pontesa que permita enlazar os paseos xa existentes das Salinas de Ulló e o que une Arcade con Pontesampaio traballarán conxuntamente para poñer en valor outros 600 metros de carreiro ata completar un gran paseo de máis de cinco quilómetros.
Este foi o compromiso adquirido este xoves na reunión celebrada na sede ministerial pontevedresa no barrio de San Roque.
Agora os veciños negociarán co dono da nave de Pontesa a cesión dos terreos privados anexos á antiga fábrica de cerámica polos que discorre esta vía peonil que usaban as traballadoras ao desistir Fomento a acometer o proxecto nesta zona debido ao alto custo que tería unha expropiación.
Relacionadas:
-
A antiga Pontesa, sen concesión: A Audiencia Nacional tamén anula a prórroga de Costas
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello recorrerá a nova concesión de Costas á antiga fábrica de Pontesa
Por Alejandro Espiño |
-
Piden unha senda ciclo-peonil na N-550 bordeando a fábrica de Pontesa
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Piden a Fomento que recupere a senda peonil de Pontesa
Por Redacción |