Unha alumna de Salcedo gaña o concurso escolar de debuxo sobre os bombeiros
Por Redacción
Estefanía Cotovad Braña, alumna de segundo curso de Educación Primaria do CEIP San Martiño de Salcedo, acaba de gañar o concurso de debuxo 'O traballo dos bombeiros' cun debuxo no que reflicte o traballo dos profesionais de extinción de incendios e a maneira na que acuden a unha casa ardendo na que piden a súa axuda.
Como premio, recibirá unha réplica dun vehículo de bombeiros xunto ao diploma acreditativo e un carné xuvenil de bombeiro. A entrega será no parque de Bombeiros de Pontevedra con motivo dunha visita ás instalacións xunto cos seus compañeiro de clase. Será o próximo 3 de maio ás 10.00 horas.
No concurso participou alumnado de 1º e 2º curso de Primaria de seis centros educativos da cidade, os CEIP San Martiño de Salcedo, Álvarez Limeses, Froebel e Ponte Sampaio e os CPR Sagrado Corazón e San José.