A Xunta sortea catro vivendas de promoción pública en Vilagarcía e Sanxenxo
Por Redacción
A Xunta, a través da Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra, efectuou este xoves os sorteos ante notario de catro vivendas de promoción pública emprazadas nos concellos de Vilagarcía e Sanxenxo.
O goberno galego realizou o sorteo de catro vivendas en Vilagarcía de Arousa, tres das cales están emprazadas na promoción de aloxamentos protexidos destinados a menores de 35 anos e maiores de 65 anos.
No caso de Sanxenxo, sorteouse unha vivenda.
Destes sorteos de Vilagarcía e Sanxenxo, elaborarase unha lista de adxudicatarios provisionais e de reservas, de maneira que se algún dos adxudicatarios renuncia á vivenda, corre a lista e adxudícase á persoa situada no primeiro posto das reservas.