Malestar en Verducido polas obras que o Concello acomete en terreos da comunidade de montes
Por Redacción
A comunidad de montes de Verducido manterá este xoves unha xuntanza para decidir que medidas adoptan despois de ter paralizado a obra que o Concello de Pontevedra estaba executando en Covadáspera para intentar un punto de recollida de augas.
Segundo a comunidade de montes desta parroquia, os operarios invadiron terreos comunais sen a autorización dos propietarios e iso provocou a reacción desde o organismo de montes en man común de Verducido que se opón a que as obras se acometan neste espazo.
Estes veciños amosan o seu malestar co Consello Parroquial, que foi creado polo Concello para tomar decisións sobre as obras na parroquia.
Precisamente, Demetrio Gómez, concelleiro de Obras, indicaba que os traballos proxectados foran acordados a través do Consello Parroquial. E manifestaba que se se tiña producido algún erro na zona de traballo pedían perdón afirmando que se porían en contacto cos responsables da comunidade de montes para tentar resolver esta situación.