Medio Rural leva investido máis de 1,8 millóns de euros na parcelaria de Troáns I
Por Redacción
O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, reuniuse este mércores cos propietarios da reestruturación parcelaria da zona de Troáns I, no concello de Cuntis, para informarlles da situación actual deste proceso e mostrarlles as novas parcelas, que teñen o carácter de provisionais, á espera de posibles alegacións que se podan presentar por parte dos propietarios no prazo dun mes.
Alí destacou que xa se levan investido máis de 1,8 millóns de euros na reorganización das 354 hectáreas a concentrar nesta zona.
O director xeral explicoulle aos veciños que tamén acudiron a esta xuntanza que a parcelaria se atopa actualmente na fase de bases definitivas á espera duns últimos cambios de titularidade para obter a firmeza das mesmas. Aclarou que xa está contratado o traballo de replanteo dos novos predios, é dicir, a colocación dos marcos, e o proxecto dos camiños secundarios, que se axustarán en base á elaboración das novas parcelas.
Pérez Dubois reiterou o compromiso do goberno galego en ter rematadas administrativamente antes do 2020 os 128 procesos que están vivos arestora, entre eles este de Troáns I.
Esta zona de reorganización do territorio comprende un total de 354 hectáreas propiedade de 729 veciños. Actualmente hai 5.280 parcelas, das cales o 55,5% deste territorio son de superficie forestal e o resto agrícola. Co redimensionamento da zona, espérase obter uns 1.584 novos predios, que aumentarán significativamente de dimensión e permitirán ás explotacións abaratar custos e facerse máis rendibles.
Relacionadas:
-
Cuntis pon en marcha a construción dunha rede secundaria de camiños en terreos da parcelaria de Troáns
Por Redacción |
-
A concentración parcelaria avanza en 38 zonas da provincia
Por Redacción |
-
A conselleira de Medio Rural comprométese a buscar solucións para as parcelarias en Meis
Por Redacción |
-
Portas pide axilidade nas concentracións parcelarias de Briallos e Romai
Por Redacción |
-
No presente ano resolveranse os recursos pendentes das concentracións parcelarias de Troáns
Por Redacción |