Pontevedra é unha cidade cunha ampla escena musical, iso é algo do que non hai dúbida. Pero que dificultades teñen os grupos pontevedreses para darse a coñecer? De responder a esta e outras cuestións relacionadas co ámbito musical tratan estas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio.
Santiago "Jacky", guitarrista e cantante de Still Crazy e batería de Anodhor; Aritz Amatria, compositor e multinstrumentista en Bohr e guitarrista en Particle; e José Lázaro, guitarrista de Stökk e Guava Juice acompañan a David Arana, cantante de Particle neste programa para botar algo de luz acerca da vida do músico pontevedrés.
Locais onde ensaiar, sitios onde tocar, como dar difusión ao teu grupo en Pontevedra... Son os temas que preocupan aos integrantes das bandas da cidade, e neste Conversas na Ferrería eles mesmos tratarán de achegar as solucións que necesitan para tentar mellorar a escena musical pontevedresa.