As camelias enchen o CEP Campolongo
Por Sara López Lago
O CEP Campolongo acolle de novo a súa tradicional exposición da camelia, aberta ao público do 20 ao 22 de marzo. Os visitantes poderán ver os traballos que prepararon os estudantes da escola, así como outros centros participantes da cidade.
A exposición, que xa vai pola súa decimosexta edición, é unha actividade escolar organizada polo profesorado a modo de tradición, na que os máis de 500 escolares de todos os cursos expoñen as súas creación en torno á camelia, unha flor que xa é un símbolo da cidade.
Os participantes, de forma individual ou colectiva, optaron a varios premios obsequiados cun trofeo conmemorativo. Ademáis do concurso de arranxos florais, compiten noutras modalidades, como poesía, fotografía, redacción ou debuxo e pintura.
Presentáronse un total de 186 concursantes a título individual, 22 traballos colectivos de aula e 16 expositores externos ao centro, coma a Asociación Juan XXIII ou a residencia de maiores de Campolongo.
A inauguración tivo lugar esta tarde e posteriormennte realizouse un acto para anunciar aos gañadores dos premios, con gran afluencia de pais, alumnos e profesores, asistindo tamén representantes políticos coma a concelleira de Cultura, Carmen Fouces.
A mostra poderá visitarse os días 20, 21 e 22 de marzo de 9:15 a 13:45 horas e de 16:30 a 18:00 horas.