A Garda Civil de Pontevedra prestará especial atención aos peregrinos durante a Semana Santa
Por Redacción
O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra intensificará a vixilancia das estradas da provincia durante a Semana Santa. Especial atención vai prestar aos numerosos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago aproveitando esta época festiva, tanto pé como en bicicleta.
Para iso poñerá en marcha un dispositivo de prevención desde o próximo día 23 de marzo ata o dous de abril, cunha campaña especial de vixilancia sobre o consumo de alcol e drogas mediante a cal os axentes intensificarán os controis en calquera tipo de estradas, e a calquera condutor co obxectivo de disuadilos de conducir cando consumisen alcol ou drogas.
Os efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil comprobarán que os condutores cumpran a normativa en canto refírese ao cumprimento dos límites legais creando a concienciación de que non soamente o alcol e a condución é un binomio perigoso, senón que tamén as drogas e a condución son en moitas ocasións sinónimo de morte.
A sanción por conducir con drogas ou alcol no organismo é de 1.000 euros e 6 puntos menos no carné e que podería chegar a ser delito dependendo da sintomatología ou se se ve involucrado nun accidente.
Desde a DXT reiteran, unha vez máis, a necesidade solidaria de que comuniquen a través dos teléfonos 112 ou do 062 calquera comportamento anómalo sobre a seguridade viaria, do que teñamos coñecemento, alertando ás patrullas para evitar que se produza un desgraciado accidente.
Relacionadas:
-
Ferida leve unha peregrina que foi atropelada en Alba
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Ramos, sol e burriña: comeza a Semana Santa
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |