A Policía Local sorprende catro menores no colexio Isidora Riestra realizando desfeitas
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Poio sorprendeu a última hora deste domingo catro menores causando desfeitas no interior do CEIP Isidora Riestra. Os mozos accederon forzando dúas portas, unha do ximnasio e outra da aula de audiovisuais. Os mozos accederon forzando dúas portas, unha do ximnasio e outra da aula de audiovisuais.
Estes mozos de 14 e 15 anos de idade, un deles residentes en Poio e tres de Pontevedra, produciron numerosas desfeitas, pintaron paredes, portas e chans e esparcieron diferentes purpurinas.
Desde o centro denuncian a falta dun computador, un altofalante con equipo de son e un cronómetro.
Estes mozos foron pillados infraganti pola Policía Local no interior do centro, coas mans manchadas da cor das pintadas.
A Policía Local mantiña aberta unha investigación por mor das últimas desfeitas sufridas neste centro educativo. Tense constancia da entrada no centro noutras tres ocasiones máis, na primeira levaron mil euros da aula da ANPA, a segunda vez, unha nova entrada no mesmo habitáculo con danos considerables en computadores aínda que non faltaba nada, a seguinte entraron no ximnasio rompendo un dos cristais da porta.
Este domingo lograron entrar de novo no ximnasio e accederon á aula de audiovisuais de onde faltaron os obxectos descritos.
A Policía Local tramita dilixencias á Fiscalía de Menores de Pontevedra, por presuntos danos e polo presunto furto de equipos informáticos. Atopánse á espera da valoración para achegar ás dilixencias e realizar a reclamación correspondente.