Un turismo envorca e outro estraga unha viña en dúas saídas de vía en Cuntis
Por Redacción
Un vehículo se saía da vía na Nacional 640, en Castro Loureiro, no municipio de Cuntis ao redor das 17.15 horas deste venres. A condutora perdía o control do turismo que envorcaba na beiravía.
Ata o lugar, no punto quilométrico 210 da N-640, trasladáronse efectivos de Protección Civil de Cuntis e unha ambulancia que trasladaba á condutora ata o Punto de Atención Continuada de Caldas. Segundo os primeiros indicios, a muller non ofrecía danos de gravidade, aínda que si se mostraba moi nerviosa. Segundo indican desde Protección Civil trátase dunha zona perigosa na que se adoitan rexistrar accidentes con frecuencia.
OUTRA SAÍDA DE VÍA
Ao redor das 19.00 horas na zona de Herbés, tamén no municipio de Cuntis, á altura do quilómetro 221, nunha zona con tres carrís, outro vehículo tamén se saía da vía nunha curva.
O turismo impactou cunha viña e quedou no medio dunha leira con diferentes danos. As dúas condutoras queixábanse de dor cervical e foron trasladadas ao Hospital Quirón Saúde Domínguez.