Un turismo atropela unha rapaza de 14 anos nun paso de peóns da avenida de Vigo
Por Redacción
Unha rapaza de 14 anos resultaba ferida nun xeonllo ao sufrir o impacto dun vehículo cando cruzaba no paso de peóns situado na avenida de Vigo nas proximidades da ponte sobre Eduardo Pondal e o hotel Galicia Palace.
O atropelo producíase pasadas as 15.00 horas e ata o lugar trasladáronse dúas patrullas da Policía Local de Pontevedra e unha ambulancia medicalizada que trasladou á menor a un centro hospitalario para ser atendida dos danos sufridos.
Casualmente nese tramo existe un lombo para aminorar a velocidade do tráfico, situado uns metros antes do paso de peóns, que non logrou evitar o impacto. Segundo as testemuñas presenciais, as feridas non revestían gravidade.