O Consello da Xunta autoriza o convenio para a humanización e mellora da rúa Progreso
Por Oskar Viéitez
O Consello da Xunta, que se celebrou este xoves, autorizou un convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sanxenxo, para o financiamento da mellora da rúa Progreso ou travesía urbana da PO-308.
En concreto, trátase de mellorar os 1.280 metros comprendidos entre o comezo da rúa e a rotonda de Arnelas. Unha vez aprobado o convenio polo Consello da Xunta, terán que asinalo a conselleira de Infraestruturas e o alcalde de Sanxenxo.
O orzamento de execución das obras ascende a 2.577.392 euros, dos cales a Axencia Galega de Infraestruturas achegará o 70%, que son 1.804.174 euros, repartidos entre dúas anualidades, 2018 e 2019. Pola súa banda o Concello de Sanxenxo asumirá o financiamento do 30% restante que son 773.217 euros.
O convenio tamén establece que será o Concello quen se encargará da redacción do proxecto definitivo, agora existe un anteproxecto, así como da adxudicación e execución das obras. Neste sentido o goberno traballa para que as obras se poidan iniciar no último trimestre do ano. Ao finalizar as mesmas, a Xunta transferirá a titularidade da rúa ao Concello, salvo no caso da calzada por tratarse dun viario autonómico.
A mellora pretende compatibilizar mellor o tránsito de vehículos cos itinerarios peonís e a actividade comercial da rúa. O obxectivo tamén é a reordenación da calzada e a mellora das beirarrúas que tras a execución do proxecto terán un ancho mínimo de 1,8 metros e ordenación dos espazos de aparcadoiro.
Construiranse dúas novas glorietas, unha na intersección coa rúa Madrid e outra coa rúa Castelao.
Coa reforma dotarase a esta rúa de zonas de descanso e axardinamento, renovaranse as canalizacións de servizos como auga, luz, telefonía, saneamento e gas, así como o mobiliario urbano, sinais de tráfico, farois, bancos e papeleiras.
Relacionadas:
-
Sanxenxo quere que a rúa Progreso estea reformada antes do próximo verán
Por Redacción |
-
A Xunta transfire ao Concello de Sanxenxo as beirarrúas da rúa Progreso
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo afirma que a humanización da Rúa Progreso contribuirá a consolidar o atractivo turístico de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Ultiman o proxecto de rehabilitación integral da rúa Progreso
Por Redacción |
-
Sanxenxo reclama medidas á Xunta para incrementar a seguridade dos peóns
Por Redacción |