Os traballadores da xustiza cumpren cinco semanas en folga en medio de mobilizacións
Por Natalia Puga
Os traballadores da xustiza cumpriron este mércores cinco semanas en folga indefinida e en Pontevedra deixaron ver que seguen moi activos nas súas mobilizacións cunha concentración nos xulgados da Parda secundada por varias ducias de persoas.
A concentración tivo que realizarse baixo cuberta, nos baixos do edificio xudicial, porque xusto se desenvolveu á hora que o temporal Gisele golpeaba con máis forza a cidade de Pontevedra. A pesar das choivas intensas e do forte vento, os traballadores desprazáronse ata A Parda para facer notorias as súas reivindicacións.
"Non, non, non á discriminación", "mesmo traballo, igual salario" foron algúns dos lemas que corearon, en referencia a que unha das cinco demandas que os levaron a iniciar esta folga indefinida que se prolonga desde o 7 de febreiro é a "discriminación" que sofren con respecto a os traballadores da xustiza do resto das comunidades autónomas coas competencias transferidas nesta materia. De media, cobra 200 euros mensuais menos.
Os funcionarios dirixen as súas críticas á Xunta de Galicia e, en concreto, á Vicepresidencia, que asume Alfonso Rueda, pois é o departamento do que depende a administración de xustiza. Tamén isto se deixou ver nos seus berros, con frases coreadas como "Rueda, dimite, xustiza non te admite".
A convocatoria segue a ter un seguemento masivo e este mércores os traballadores cifran o seguemento da folta no 83% do persoal na cidade de Pontevedra e o 85% de media nas outras localidades con partido xudicial propio. A Xunta reduce o impacto dos traballadores en folga ata unha media diaria máxima do 42%.
Relacionadas:
-
Xornada de votacións nos xulgados da Parda
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O comité de folga consulta aos funcionarios de xustiza se se planta na subida de 190 euros
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Concentración do persoal de xustiza á espera de que a negociación chegue a bo final
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O persoal de Xustiza en folga prepara un novo acto de protesta: o velorio de 'Ruedachol'
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O comité de folga do traballadores da xustiza empraza a Feijóo e a Rueda a retomar as negociacións
Por Oskar Viéitez |