Cortan o acceso ao paseo da Calzada tras desbordar o Verdugo
Por Redacción
O temporal que está a azoutar Galicia nas últimas horas xa provocou as primeiras incidencias en Ponte Caldelas. Non só polo vento, senón polas cuantiosas choivas que caeron desde a madrugada deste mércores.
Así, o Concello tomou a decisión de cortar o acceso ao paseo da praia fluvial da Calzada. Fíxoo sobre as doce do mediodía.
O río Verdugo, debido ás choivas, desbordou á altura da praia, o que deixou a zona totalmente impracticable.
Ademais, a medida adoptouse ante o risco que existe de caída de árbores na zona, como consecuencia dos fortes refachos de vento que acompañan a este temporal.