Suecia interésase pola eliminación de tráfico do centro de Pontevedra
Por Anxo Lourido
A organización do
Miguel Anxo Fernández Lores durante esas datas asistirá a un acto en México e, por tanto, será
Mosquera manifestaba este mércores a súa sorpresa por esta invitación e polo interese do país nórdico para que participen neste evento que se celebra no municipio sueco de Eskilstuna durante o 22 de marzo coa presenza da ministra de Medio Ambiente sueca Karolina Skog.
O vicepresidente provincial e concelleiro de Pontevedra manifestaba que a súa intervención será a máis extensa e central deste acto na que falará de como Pontevedra desfíxose dos seus coches na parte urbana, para a continuación tratar sobre a psicoloxía do cambio de conduta que se experimentou na cidade, explicar brevemente a mobilidade na provincia e responder as preguntas dos asistentes.
César Mosquera mostraba o seu orgullo por esta convocatoria e afirmou que se aproveitará a visita para manter un encontro co vice alcalde de Estocolmo, Daniel Helldén, ademais de con o ex alcalde Per Ankersjö e con representantes da corporación de Eskilstuna.
Tamén unha comitiva con representantes da Deputación provincial e de concellos da provincia, liderada polo deputado Uxío Benítez, foi convidada a participar no III Encontro da Rede Nacional da Cidade das Nenas e os Nenos, na que participa o pedagogo Francesto Tonucci. Desenvolverase durante as xornadas do 21 e 22 de marzo. Anteriormente este encontro celebrouse en Granada e Pontevedra.
Relacionadas:
-
A ministra de Medio Ambiente de Suecia interésase sobre como aplicar o "Modelo Pontevedra"
Por Redacción |
-
Suecia aplaude o modelo de mobilidade da Deputación
Por Redacción |
-
A provincia de Pontevedra, referencia na aplicación da "filosofía Tonucci"
Por Redacción |
-
Salzburgo estuda o modelo de Pontevedra como "paradigma" de espazos urbanos
Por Redacción |
-
Viladecans e Pontevedra, unidas en filosofía urbanística
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Periodistas europeos visitan a Boa Vila para coñecer o modelo de mobilidade
Por David Arana & Gabriela Varela Asorey |