As festas de Campolongo xa están de volta!
Por Alejandro Espiño
Campolongo volve estar de celebración. O barrio celebra as súas festas a próxima fin de semana, os días 17 e 18 de marzo. Farao cunha ampla programación para todas as idades, segundo desvelaron os seus organizadores.
As foodtrucks, furgonetas ou caravanas reconvertidas en restaurantes como unha seda, volverán ser un dos grandes atractivos. Serán as protagonistas da xornada do sábado e ofrecerán as súas suculentas propostas gastronómicas durante todo o día.
Ademais, de 13.00 a 19.00 horas haberá unha zona infantil con inchables e actividades para os máis pequenos, entre elas, talleres de pintacaras, globoflexia e xogos populares.
Outro dos grandes atractivos será a gravación, en directo, do programa La transición de PontevedraViva Radio. Será ás 16.30 horas e estará conducido polo seu presentador habitual, Óscar Cruz. Contará coa colaboración do cómico Pedro Brandariz e a actuación de Cora Sayers e Brotasol.
A música continuará ao longo da tarde cos concertos de Charanga Mekanica, Recambios Tucho ou The Trunks.
As festas ofrecerán numerosas exhibicións como a de zumba, a cargo de Serviocio; de ioga infantil, que organiza o centro Torrado; de esgrima, da que se encargará a escola de Esgrima Pontevedra; ou de lindy hop, disciplina que mostrará Swing on School.
Durante toda a fin de semana organizarase, por outra banda, un campionato de fútbol para nenos dos colexios Campolongo e Crespo Rivas; e as asociacións de pais San José e Anduriña poñerán en macha un mercado infantil, unha actividade de ecopercusión e unha xincana polo barrio
O domingo, pola súa banda, haberá unha xornada máis tradicional. As foodtrucks darán paso a unha laconada popular a oito euros a ración, que estará amenizada pola música de Pousos de Area. As reservas pódense realizar con antelación no teléfono 663 74 84 15.
Pola tarde, celebrarase o torneo de petanca Memorial Fernando Viéitez, unha chocolatada popular e diversas actividades coas que se poñerá fin a estas festas.
Relacionadas:
-
RADIO.- A Playlist de... Mekánika Rolling Band: eles "pecan" de bo rolo
Por Marisa Ciordia |
-
Broken Peach, Black Stones e Pablo Balseiro, principais atractivos das Festas de Campolongo
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
As gastronetas toman Campolongo para alimentar as festas do barrio
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
"La transición" desembarca este sábado nas festas de Campolongo
Por Redacción |
-
Campolongo está en festas!
Por Diego Torrado |
-
"Diferentes, alegres e actuais", así serán as festas do barrio de Campolongo
Por Redacción |
-
As festas de Campolongo queren recuperar tempos pasados para facer barrio
Por Redacción |