O PP de Poio reúne a veciños afectados por atrasos no IBI e asegura que preparan mobilizacións
Por Redacción
O local da Comunidade de Montes de San Xoán acolleu este domingo unha asemblea veciñal convocada polos representantes do PP no municipio.
Os populares pretendía reunir ás persoas afectadas pola problemática do IBI.
Segundo explicou Ángel Moldes tras o encontro, acordouse a convocatoria dunha manifestación de protesta en próximas datas na que se esixirá ao Concello que tome medidas para mitigar os "graves problemas que están a causar", acusou Moldes.
O portavoz popular incidiu na súa queixa cara ao goberno local por "botar balóns fóra" e non evitar a chegada de elevados atrasos no pagamento do imposto ás familias.
Moldes cifrou en 4 millóns de euros a cifra que recadará o Concello de Poio en 2018 en concepto de IBI, sinalando que estas cantidades veranse aumentadas por todos os afectados que presentaron alegacións e aínda non están contabilizados.
O PP comprometeuse ante os veciños a estudar esta mobilización e a dar forma a todas as propostas dos afectados para tentar amortecer ao máximo o impacto desta problemática, que supón nalgúns casos a obrigación de pagamento de elevadas facturas antes do próximo 20 de marzo.
Relacionadas:
-
O PP chama a veciñanza de Poio a participar na manifestación pola rebaixa do IBI
Por Redacción |
-
O goberno de Poio acusa a Ángel Moldes de promover unha campaña de "desinformación deliberada" co IBI
Por Oskar Viéitez |
-
Ángel Moldes, sobre o goberno de Poio: "1.000 días de fracasos e promesas incumpridas son inxustificables"
Por Redacción |
-
"Aínda queda o peor", avisan os populares de Poio sobre o recibo da contribución
Por Oskar Viéitez |