Lavado de imaxe para a Casa do Concello de Sanxenxo
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo quere remodelar o acceso ao edificio da Casa do Concello e reorganizar os espazos interiores.
Para iso investirá 31.400 euros nunha obra que terá un prazo de execución de 3 meses.
O obxectivo, asegura, é o de ofrecer un mellor servizo aos veciños e visitantes garantindo a accesibilidade completa ás instalacións e mellorando a organización e o traballo interno.
Adxudicouse unha actuación que consistirá na dotación dunha nova entrada pola Avenida de Madrid, así como unha nova división na primeira planta para reorganizar a localización dos traballadores.