O convenio entre a Xunta e Marín para reformar a PO-546 en Cantodarea ascenderá a 1,3 millóns
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e o Concello de Marín asinarán en próximas datas un convenio de colaboración para reformar cale Concepción Arenal (PO-546) en Cantodarea que ascenderá a 1,3 millóns de euros.
Esa será a aportación da Xunta de Galicia ao proxecto, que supón o 80% do orzamento total de 1.600.000. O resto será achegado pola administración local, que ademais tras a reforma asumirá a titularidade da vía pasando a ser municipal.
O obxectivo da actuación é ampliar as beirarrúas para facilitar o tránsito dos peóns, ademais de reordenar os aparcadoiros e a zona de carga e descarga.
Será o Concello, que xa ten redactados os proxectos construtivos, o que contratará e executará as obras.
O convenio foi autorizado no último Consello da Xunta, avanzando así na tramitación previa necesaria.
O novo deseño da vía terá un ancho de calzada de 6,2 metros, con dous carrís por cada sentido aos que se suman 2,20 metros máis na zona onde está previsto o espazo de aparcadoiro. Ademais, prevese renovar os servizos existentes e instalar novo mobiliario urbano.
Relacionadas:
-
Un convenio para que a rúa Concepción Arenal sexa "máis cómoda, máis segura e máis humana"
Por Oskar Viéitez |
-
Proxectada a humanización de Concepción Arenal, entre José Trasende e a rúa Real
Por Redacción |
-
Marín e a Xunta ultiman un convenio para remodelar a estrada PO-546 en Cantodarea
Por Oskar Viéitez |