Edugal pecha as portas da súa edición máis visitada
Por Redacción
A sétima edición da feira de educación e formación de Galicia, Edugal, resultou un éxito a teor das cifras de visitantes que se achegaron polo Recinto Feiral de Pontevedra ao longo dos seus tres días, do 7 ao 9 de marzo.
A organización do evento, promovido pola Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (AEMPE) en colaboración do Concello, estima que superáronse as 5.000 visitas, o que supón un incremento con respecto a anteriores edicións.
Máis de 50 postos ofreceron aos estudantes dos moitos centros que pasaron por Edugal as diferentes opcións de formación que existen en Galicia, desde a universitaria pasando pola formación profesional ou mesmo polas Forzas Armadas.
O obxectivo un ano máis foi tentar aclarar as dúbidas dos mozos ou das persoas adultas desexosas de ampliar a súa formación.
Completando a programación do salón, organizáronse ademais charlas formativas en centros de educación secundaria e visitas ao campus universitario pontevedrés, entre outras actividades.
Relacionadas:
-
Edugal 2019 contará coa intervención da microbióloga Alicia Estévez Toranzo, premio Wonenburger
Por Redacción |
-
Edugal, un punto de encontro para averiguar que queres ser de maior
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Edugal, a maior feira de formación de Galicia, chega a Pontevedra do 7 ao 9 de marzo
Por David Arana |