Saben os pais de Poio detectar o ciberacoso?
Por Diego Espiño
O programa municipal 'Educándonos en Poio' ponse en marcha cunha primeira charla que instruirá a nais e pais no ciberacoso e no uso das novas tecnoloxías por parte dos adolescentes.
A concelleira de Educación, Marga Caldas, e o inspector xefe da Policía Local, Antonio Duarte, explicaron os detalles dunha iniciativa que pretende mediar entre o ámbito educativo e familiar.
"Os pais deben ter as ferramentas necesarias para detectar o acoso", explicou a concelleira, e ademais aprender "como poden axudar para solucionalo", completou Duarte, responsable ademais do Programa Axente Titor.
Na charla tentaranse dar claves para "entendelo e para previr", sinalou o máximo responsable da Policía Local.
Celebrarase o vindeiro mércores 14 de marzo no IES de Poio a partir das 19:30 horas, dirixida a todos os pais, nais ou titores de nenos con idades comprendidas entre os 10 e os 18 anos.
A do ciberacoso será a primeira das charlas previstas na iniciativa 'Educándonos en Poio', que tamén tratará proximamente asuntos como o consumo de alcol e drogas entre os mozos.
Relacionadas:
-
Poio traballa para ampliar a actuación do programa 'Axente Titor' a outros eidos
Por Redacción |
-
Poio é o único Concello da provincia con axente titor da Policía Local para atender conflitos de menores
Por Redacción |
-
Poio quere mellorar a afectividade dos veciños para conseguir "pais agarimosos"
Por Oskar Viéitez |
-
Os colexios de Poio realizan prácticas de educación viaria
Por Redacción |
-
Poio presenta un proxecto "socioemocional" para mellorar a afectividade nos centros educativos
Por Oskar Viéitez |