A Festa do Petote reivindicará o domingo en Carballedo "a importancia das mulleres do rural galego"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
A Praza da Chan ou, en caso de choiva, o pavillón de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade, converteranse este domingo nun punto de reivindicación da "importancia dás mulleres do rural galego" con motivo da celebración da Festa do Petote, que alcanza a súa novena edición co obxectivo de chegar a entre 450 e 500 persoas.
O presidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, aproveitou este venres a presentación da festa gastronómica no Palacete das Mendoza para resaltar que este ano queren reivindicar con motivo deste evento á todas esas nais e avoas que "no momento da fame foron capaces de crear este produto para completar o prato de cocido".
A presentación correu a cargo de Cubela e, como anfitrión, do deputado de Turismo da Deputación de Pontevedra, Santos Héctor, que destacou que esta festa que se celebrará este domingo 11 en Carballedo pecha o calendario das festas gastronómicas de inverno da provincia de Pontevedra. "Na provincia hai moitos manxares de inverno e rematamos a tempada co petote".
Ambos animaron a todos os veciños da comarca a acudir este domingo á festa, que se organizou para a Praza da Chan, pero, en caso de mal tempo, trasladarase ao pavillón municipal, e rende homenaxe a un prato moi singular e tan arraigado á gastronomía local de Cerdedo-Cotobade.
A cociñeira responsable do evento será este ano Carmen A de Perdiz, que este venres tamén acudiu á presentación e indicou que a maioría dos veciños de Cerdedo-Cotobade coñecen este prato, pero non así os do resto da comarca. Para todos eses que non saben que é explicou que é un ingrediente máis que engádese ao prato de cocido. Trátase dunha especie de pan que está feito con auga, fariña de millo e centeo e sal e dá sabor ao prato.
A organización preparará o domingo entre 450 e 500 racións de petote, que se venden a 15 euros por comensal adulto e 5 para nenos menores de seis anos. Os tickets pódense comprar con antelación e o propio domingo haberá 100 racións dispoñibles para os atrasados. Cada ración dá dereito a un menú completo con petote, café, sobremesa e un servizo mínimo de bebidas con viño e auga.
Os tickets anticipados véndense en A de Ángel (Tenorio), A Vosa Taberna (Borela), Bar Conchi (San Xurxo de Sacos), Casa Perdiz (Augasantas), Bar A Rampla (Cerdedo), Café A Chan (Carballedo), Casa Florencio (Verdugo), Bar Brasileiro (A Lama), Frutas Nieves (Ponte Caldelas) e Autocares Viuda de Cándido (Pontevedra).
Relacionadas:
-
Mulleres en Acción do Verdugo-Oitavén preséntase á sociedade
Por Redacción |
-
A Festa do Petote, toda unha garantía de éxito
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Festa do Petote sairá á rúa e abandonará o pavillón municipal
Por Redacción |
-
Xa están á venda os tiquets para o xantar popular da Festa do Petote
Por Redacción |
-
A IX Festa do Petote, o 11 de marzo no pavillón municipal de Carballedo
Por Redacción |
-
Tenorio celebra o sábado a Festa do pan de millo e ovo
Por Oskar Viéitez |