O alcalde da Lama informará os veciños de Xesta de varios investimentos municipais por 244.000 euros
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, convocou unha asemblea veciñal na Casa do Pobo de Xesta para este sábado ás 18.00 horas para expoñerlles os proxectos de investimento que se acometerán de inmediato nesta parroquia e que alcanzarán os 244.000 euros.
Jorge Canda presentará aos veciños os proxectos xa aprobados para a construción dun novo sistema de abastecemento de auga á parroquia de Xesta que terá un importe de 149.000 euros, segundo acábase de ratificar no último pleno celebrado pola corporación municipal e aprobado en solitario polo grupo de goberno ante a ausencia da oposición.
Outro dos proxectos que se expoñerán aos veciños é o ensanche do camiño de Aredo que terá un orzamento de 24.125,77 euros e que se executará con celeridade para dar servizo aos usuarios desta vía.
O terceiro investimento que se vai a presentar por parte do alcalde será a creación dun parque biosaudable con elementos de ximnasia para todas as idades, pero con especial interese para persoas maiores que precisan de facer exercicios de mantemento ou mesmo rehabilitación.
Este parque biosaudable terá un orzamento duns 71.000 euros porque a zona contará cunha actuación de humanización e mellora para unha aproveitamento integral deste espazo de esparexemento veciñal moi demandado e que permitirá un uso máis adecuado ao terreo existente neste momento que conta xa cun parque infantil e que agora aumentará o seu capacidade e variedade de posibilidades coa instalación de aparellos de ximnasia.