Celebración do 8-M coa presenza dunha das mulleres españolas que Google considera influencer
Por Redacción
Estudantes do CEIP plurilingüe de Nantes celebraba este Día Internacional da Muller con tres mulleres do ámbito público que destacan no seu traballo. Unha delas, Ana Cidre, está considerada por Google como unha das cinco mulleres influencer en España.
O acto contou tamén coa intervención de Rosa Vilas, directora adxunta ao director xeral da CRTVG e Paz Lago, concelleira de Cultura no Concello de Sanxenxo.
As tres contaron a súa experiencia profesional desde os seus inicios e o seu traballo para lograr ser referentes en ámbitos como o da comunicación ou o da política que destacan por ser maioritariamente masculinos.
Ademais, Ana Cidre, Rosa Vilas e Paz Lago dirixíronse ás escolares para animalas a perseguir os seus soños, sen que ninguén limite a súa ambición. O CEIP de Nantes está a desenvolver tamén varios proxectos ao longo do curso escolar para fomentar a igualdade.