Cuntis reforma as beirarrúas da rúa Pedro Campos
Por Redacción
A rúa Pedro Campos estará en obras a partir deste xoves. O Concello de Cuntis impulsa unhas obras de mellora das beirarrúas que, actualmente, se atopan moi deterioradas.
O goberno municipal explica que estas obras mellorarán a accesibilidade das persoas. Así, as beirarrúas pasarán a ter o mesmo aspecto estético que o resto das rúas do centro da vila.
Estes traballos serán realizadas integramente pola brigada de obras do concello e con maquinaria propia.
O orzamento de esta actuación ascende a 26.546 euros.
Ata o remate das obras non se permitirá a parada e estacionamento de vehículos en ambas as dúas marxes. Si se poderá circular pola rúa, segundo explica o bando emitido polo Concello.