Tres bancos para gozar do solpor da ría de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Unha peza "especial" feita para un sitio "único". Así describiu o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, os tres bancos que foron colocados no miradoiro do paseo de Marín.
Están orientados cara a ría de Pontevedra para que os cidadáns que o desexen poidan contemplar o solpor desde alí.
Os bancos foron deseñados polo arquitecto autor do paseo, José Ramón Garitaonaindia de Vera, que supervisou a súa instalación.
A intervención tivo un custe de 11.625 euros e responde, segundo o goberno municipal, a unha demanda veciñal expresada polos usuarios habituais deste paseo.